Traballo Social Sanitario xa!
Data: Setembro 11, 2026

Onte no Congreso dos Deputados aprobouse a toma en consideración da Proposición de Lei para o recoñecemento do Traballo Social Sanitario como profesión sanitaria.

A votación saldouse con 165 votos a favor, 32 en contra e 148 abstencións:
A FAVOR: PSOE, Sumar e os partidos do bloque de investidura (ERC, EH Bildu, BNG, etc.) impulsaron e votaron SI a este avance.
EN CONTRA: Vox votou en contra da iniciativa.
ABSTENCIÓN: PP, Junts e PNV optaron pola abstención.

Agora iníciase a tramitación parlamentaria Quedan etapas por diante, pero a esperanza de que o Traballo Social sexa recoñecido como profesión sanitaria na Ley de Ordenación de Profesiones Sanitarias (LOPS) está máis viva que nunca.
Seguimos na loita!