Como membros da Sección Social do Observatorio da Vivenda de Galicia, dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia vimos de enviar as nosas propostas e observacións ao primeiro borrador da Orde reguladora do Programa CONXUNTAS (2026-2029), impulsado pola Consellería de Política Social e Igualdade e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (IGVS).
A nosa presenza neste órgano garante que a visión, a experiencia e a voz do Traballo Social sexan tidas en conta dende as fases iniciais no deseño das políticas públicas de vivenda e inclusión na nosa comunidade.
Continuamos representando e achegando o noso criterio profesional alí onde se deciden os marcos normativos.

