Alta no MATIASS para as persoas con actividade profesional en exercicio libre
Data: Agosto 10, 2026

O COTSG acadou un acordo coa Dirección Xeral de Inclusión Xeral da Consellería de Política Social Igualdade para tramitar o acceso ao MATIASS para as e os profesionais que teñan unha actividade profesional en exercicio libre, é dicir por conta propia.

As condicións para poder solicitar o acceso son:

  • Estar ao día no pagamento da cota de colexiación.
  • Estar de alta nos listados profesionais do COTSG.
  • Ter tido actividade en exercicio libre por conta propia no ano Pódese demostrar mediante alta no réxime especial de traballo autónomo, pago do IAE ou factura emitida por servizos prestados.
  • O acceso revisarase no mes de xaneiro de cada ano, e para mantelo a persoa debera demostrar que mantén as condicións que se precisan para a alta.
  • As persoas que cesen na actividade por conta propia deberan pedir remitir a solicitude de baixa no acceso ao MATIASS durante o mes seguinte.

 

SOLICITUDE DE ALTA:

Remitir o impreso de alta debidamente cumprimentado ao mail info@traballosocial.gal  indicando en asunto “ALTA MATIASS EXERCICIO LIBRE”  xunto coa documentación que demostre a actividade por conta propia no ano 2026.

Unha vez comprobado que se cumpran as condicións procederemos dende o COTSG a activar a alta diante do DX de Inclusión, e facilitaremos a chave á persoa solicitante por medio de correo electrónico.