Pacto de estado fronte a emerxencia climática
Data: Agosto 10, 2026

Dende o COTSG sumámonos ao Pacto de Estado fronte á Emerxencia Climática, impulsado polo MITECO (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico), aliñándonos co compromiso do Consejo General del Trabajo Social.
Porque o cambio climático non é só un problema ambiental: é unha cuestión de xustiza ecosocial.

Dende a perspectiva do Traballo Social Ecosocial, entendemos que a sustentabilidade ambiental e o benestar humano van da man.

Os impactos da emerxencia climática e os retos da transición ecolóxica afectan directamente ás persoas máis vulnerables e á cohesión da nosa comunidade en Galicia.

Seguimos presentes nos grandes retos do noso tempo, defendendo unha intervención ecosocial que incorpore a dimensión ambiental para construír un futuro sostible, igualitario e que non deixe a ninguén atrás.