Para qué colexiarse?

Formar parte dun colectivo que apoia os intereses profesionais, fomenta a solidariedade profesional e promove o progreso e o prestixio do Traballo Social.

Formación especializada certificada polo Colexio profesional con grandes vantaxes no prezo.

Asesoría Xurídica gratuíta.

Acceso a conta de correo profesional propio. Colaboración con Consejo General de Trabajo Social.

Dedución da cota colexial na declaración do IRPF, sempre que se exerza a profesión.

FÍO SEMANAL: todas as semanas remítese á colexiación a través de email: Información sobre Traballo social, actividades e información do Colexio, ofertas formativas, ofertas de emprego e resumo de novas de actualidade sobre diferentes áreas de intervención do Traballo Social.

Incorporación ás Listaxes profesionais (Expertas, Docencia, Peritaxe social e Mediación. Colaboración con Unión profesional.

Asesoramento, información e apoio Profesional.

Convenios con entidades e empresas para ofrecer descontos en diferentes servizos a persoas colexiadas (pólizas colectivas de seguros como sanidade, fogar ou responsabilidade civil profesional).

Participar na estrutura colexial a través das Asembleas Xerais, Xunta de Goberno, grupos de traballo e comisións formadas por profesionais expertos e expertas en diversos sectores.

Dispoñibilidade de uso dos espazos e materiais do COTSG.

Dereito de acceso a todos os servizos do COTSG (formación con descontos para persoas colexiadas, préstamo de fondos bibliotecarios, envío de publicacións e comunicacións periódicas de novidades informativas, …).

Como colexiarse?

Requisitos

A incorporación ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia esixirá, polo menos, a existencia conxunta dos seguintes requisitos:

9

Ser maior de idade.

9

Presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia da Xunta de Goberno do Colexio, achegando o título profesional ou o certificado académico de finalización dos estudos correspondentes, e o recibo acreditativo de ter satisfeitos os dereitos de expedición do título. Os/as profesionais co título de traballador/a social expedido por outros estados membros da Unión Europea deberán achegar, ademais do respectivo título académico, a correspondente resolución de recoñecemento deste para o exercicio da profesión en España. Nos casos de títulos expedidos por países non membros da Unión Europea, xuntarán o preceptivo título de validación dos seus estudos de Grao en Traballo Social.

9

Satisfacer a cota de inscrición que determine o Colexio Oficial. No caso de que a persoa solicitante xa estivese inscrito noutro Colexio de Traballo Social, será suficiente que achegue certificación acreditativa deste último.

9

A adquisición da condición de persoa colexiada farase efectiva mediante a correspondente resolución expresa do Colexio Oficial.

Documentación necesaria

9

Fotografía tamaño carné a cor, actualizada e con fondo branco en formato .jpg ou .png

9

Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte

9

Fotocopia compulsada do título profesional de Traballo Social ou fotocopia compulsada da solicitude de expedición do mesmo.

9

Certificado de demanda de emprego do Servizo Galego de Colocación.

9

Fotocopia ou documento bancario onde apareza o IBAN da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas colexiais.

9

Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante ingreso ou transferencia bancaria na seguinte conta do COTSG en ABANCA:

IBAN FORMATO IMPRESO:
IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153

IBAN FORMATO ELECTRÓNICO
ES2620805195883040006153

Se estás xubilada ou xubilado, poderás seguir desfrutando de tódolos beneficios dun xeito gratuito.

Matrícula de colexiación

A matrícula de colexiación é un pago que se fai unha única vez no momento de solicitar a alta de colexiación, e ten diferentes importes en función da situación laboral no momento de colexiarse e en función do tempo transcorrido dende o remate dos estudos ata o momento da colexiación.
Están exentas de realizar este abono as persoas que estiveron previamente precolexiadas, as persoas que se recolexian e as persoas que solicitan traslado por estar colexiadas noutro Colexio Oficial de Traballo Social doutra provincia ou comunidade.

DESEMPREGO

Menos de 2 anos

Máis de 2 anos

ACTIVO

Menos de 2 anos

Máis de 2 anos

Cotas

As cotas corresponden ao ano natural, e se poderán fraccionar en anuais ou semestrais, cargándose as cotas anuais no mes de xuño e as cotas semestrais nos meses de xuño e decembro do ano en curso.

O importe da cota non se fai efectivo no momento da colexiación, cárgase por domiciliación bancaria no mes correspondente ( xuño no caso de optar polo pago anual, ou xuño e decembro si se opta polo pago semestral ).

No caso de solicitar a cota reducida a modalidade de pago será obrigatoriamente o pago semestral, e deberase xustificar a situación laboral mediante Certificado de vida laboral e hai que acreditalo nos dous semestres.

No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General del Trabajo Social.

Cota anual

O importe da cota colexial anual establecese en función da situación laboral (persoas colexiadas en desemprego e persoas colexiadas en activo).

COTA ANUAL

T. S Desemprego

T. S en Activo

^

As e os profesionais que previamente estiveran colexiadas e desexen retomar de novo a colexiación, non será preciso abonar a contía da matricula, mantendo o mesmo número de colexiación.

^

As e os profesionais en situación laboral activa sen exercer como Traballadora ou traballador social, deberán abonar a matricula en activo e cota como desempregada/o.

^

As cotas poderán ser fraccionadas de xeito anual ou semestral. As cotas anuais serán cobradas no mes de xuño; as cotas semestrais serán cobradas nos meses de xuño e decembro do ano en curso.

^

As cotas serán proporcionais aos meses que correspondan segundo a data de colexiación.

Cota reducida por pago anticipado

As persoas que decidan anticiparse ao pago no mes de pagan 145€ en activo e 72,50€ en desemprego.

No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General de  Trabajo Social.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A COLEXIACIÓN

Accede ó formulario online

SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL
COMUNICACIÓN DA SITUACIÓN DE XUBILACIÓN

Accede á área privada e fai a túa solicitude

Aínda es estudante de Traballo Social? Precoléxiate e goza de todas as vantaxes!

Requisitos

A figura do alumnado precolexiado é transitoria e previa á de profesional colexiado e colexiada; créase para dar acceso ao estudantado que estea matriculado no Grao en Traballo Social e que desexe incorporarse ao COTSG:

9

Ser maior de idade.

9

Ser estudante/a do Grao en Traballo Social

9

Presentar a correspondente solicitude por escrito dirixida ao COTSG, acompañada da documentación requirida.

9

Pagar a cota correspondente, 30 Euros, nun só pago. 

9

 O feito de ser precolexiado/a eximirá do pago de matrícula de colexiación. 

Documentación necesaria

9

Fotografía tamaño carné a cor, actualizada e con fondo branco en formato .jpg ou .png

9

Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte

9

Fotocopia da matrícula no Grao en Traballo Social do ano en curso.

9

Solicitude de alta de precolexiación cumprimentada 

9

Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante ingreso ou transferencia bancaria na seguinte conta do COTSG en ABANCA:

IBAN FORMATO IMPRESO:
IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153

IBAN FORMATO ELECTRÓNICO
ES2620805195883040006153

Vantaxes

Serán servizos para as persoas precolexiadas:

9

Acceso á área privada da páxina web.

9

Acceso ás publicacións do Fío Semanal .

9

Acceso á Convocatoria de Premios do Día Mundial do Traballo Social na modalidade de TFG – TFM.

9

Acceso a descontos nos cursos de formación e ás pílulas ou xornadas gratuítas do COTSG, dirixidas ás persoas colexiadas.

9

Acceso en calidade de oínte ás asembleas do COTSG.

9

Orientación sobre a praxe profesional

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A PRECOLEXIACIÓN

Accede ó formulario

CLÁUSULA PROTECCION DATOS 

Descarga o impreso

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A PRECOLEXIACIÓN

Documento de inscrición

CLÁUSULA PROTECCION DATOS 

Descarga o impreso