A xunta de goberno e a coordinación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) mantiveron na xornada de onte unha xuntanza de traballo coa representación do Grupo de Estudios en Trabajo Social: Investigación y Transferencia (GETS-IT) co obxectivo de coñecer de primeira man as súas liñas estratéxicas e explorar vías de colaboración conxunta.
No encontro participaron Rosario Capelo, presidenta do COTSG, Cristina Díaz, vogal da xunta directiva, e David Gontán, coordinador do colexio, quen se reuniron coa catedrática Carmen Verde Diego e co doutor Rubén González Rodríguez, investigadores de referencia do grupo GETS-IT.
Que é o grupo GETS-IT e cales son os seus eixes de acción? Durante a reunión, a expuxeron a misión deste grupo de investigación, concibido como un espazo especializado na xeración de coñecemento científico aplicado ás ciencias sociais. A presentación centrouse nos seus eixes estratéxicos:
- Investigación aplicada: Desenvolvemento de estudos rigorosos orientados a analizar as realidades, necesidades e dinámicas sociais emerxentes en Galicia.
- Transferencia á praxe profesional: Creación de ferramentas, metodoloxías e evidencias científicas deseñadas para ser incorporadas directamente á intervención diaria das profesionais da liña de fronte.
- Avaliación e innovación social: Análise de políticas públicas, sistemas de protección e modelos de intervención para propoñer melloras fundamentadas e sustentables.
A xuntanza serviu para explorar diversas vías de colaboración e poñer as bases de futuras liñas de traballo conxuntas. O obxectivo é buscar que o coñecemento xerado por GETS-IT repercuta directamente na colexiación a través de proxectos de investigación participativa, publicacións técnicas e xornadas de actualización profesional.
Desde o COTSG celebramos a consolidación de equipos de investigación especializados como GETS-IT, claves para seguir prestixiando e fundamentando o Traballo Social desde o rigor científico.
Podes ver a súa composición, producción e novas en:

