Voluntariado Internacional

A experiencia con un programa de voluntariado internacional é un elemento que axuda a madurar persoalmente e a estruturar conceptos, ideas e realidades sociais.

Se estas interesada ou interesado en participar nun programa de voluntariado internacional, recomendamosche que te informes do contido do programa no que vas a participar e nas referencias de todo tipo da entidade que o o organiza. Canta máis información teñas máis garantias de satisfacción terás.

Deixamosche enlaces de entidades onde podes atopar información ao respecto:

Coordinadoras de ONGD

Coordinadora Galega de ONGD

No seu portal adoitan publicar ofertas de voluntariado e ofertas de emprego no exterior das distintas organizacións asociadas en Galicia.

Voluntariado internacional e viaxes solidarias

Coordinadora de ONGD de España (CONGD)

Conta cun buscador de ofertas e un directorio de todas as ONGD estatais asociadas, onde podes filtrar por sectores de intervención e zonas xeográficas.

Ofertas de voluntariado en organizaciones de cooperación internacional

Buscadores e Portais de Referencia

Hacesfalta.org

É o maior portal de voluntariado en España. Podes filtrar directamente por “Voluntariado Internacional” e elixir a área de “Sudamérica” ou “Traballo Social” para ver as convocatorias abertas en tempor real.

Hacesfalta.org

Cuerpo Europeo de Solidaridad (CES)

A maioría de prazas son en Europa, pero existen liñas de axuda humanitaria e proxectos específicos de voluntariado internacional en países socios de América Latina.

Cuerpo Europeo de Solidaridad