O COTSG SOLICITA Á XUNTA A REVISIÓN DOS DESTINOS DEFINITIVOS DE TRABALLO SOCIAL
Data: Xullo 13, 2026

Ante as numerosas queixas e tras analizar a Resolución do 3 de xullo, desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) presentou un escrito formal ante a Dirección Xeral da Función Pública para defender os dereitos das nosas colexiadas e colexiados.

Detectamos graves incidencias na oferta de prazas:
• Ocultación de prazas estruturais: Deixáronse fóra da oferta múltiples postos vacantes (por xubilacións, traslados, etc.) sen ningunha xustificación, vulnerando a Lei 20/2021 de redución da temporalidade.
• Inconsistencias nos perfís: Prazas de Traballo Social vinculadas simultaneamente a outras categorías, o que reduce a oferta real de destinos.
• Falta de transparencia: Non hai criterios claros nin motivación expresa para excluír estes postos permanentes.

Non é só un prexuízo individual para as aspirantes; a falta de estabilidade nos equipos pon en risco a calidade e continuidade dos Servizos Sociais públicos.

SOLICITAMOS Á XUNTA
1. Revisión íntegra da relación de prazas.
2. Incorporación inmediata de todas as vacantes estruturais excluídas.
3. Transparencia e motivación xurídica en calquera decisión.

O emprego público debe rexerse pola igualdade, o mérito e a seguridade xurídica. Non imos permitir que se recorten os dereitos profesionais do Traballo Social.