Abrimos convocatoria para os Grupos de Traballo e participación do COTSG!
A participación é un aspecto esencial do COTSG, xa que representa unha oportunidade de convivencia, de cooperación e de mellora profesional para incrementar o benestar da nosa comunidade. Nas seguintes imaxes poderedes ver unha recopilación dalgunha das xuntanzas realizadas ao longo deste ano.
Queres ser parte activa do cambio? Explorar novos ámbitos de intervención e medrar profesionalmente? Entonces os grupos de traballo son o teu espazo!
– Que facemos nos Grupos de Traballo?
Xeramos propostas e análise para mellorar a práctica profesional, elaboramos materiais e documentos, organizamos accións de sensibilización e fomentamos o apoio mutuo e o traballo en rede.
– Cales son os requisitos claves para participar?
Estar colexiada/o ou precolexiada/o e ao corrente de pago, compromiso e asistir como mínimo ao 50% das reunións anuais.
Podes consultar máis información dos grupos de traballo no apartado específico da páxina web ou pinchando no seguinte enlace https://traballosocial.gal/grupos-de-traballo/
Prazo da convocatoria aberta ata o 30 de agosto. Para a túa inscrición debes cubrir o seguinte formulario https://docs.google.com/…/1WVGtBmIiK36…/edit
Para máis información podes contacatar a través do correo grupodetraballo@traballosocial.gal

