Día do Orgullo LGBTIQ+
Data: Xuño 28, 2026

Este 28 de xuño, dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, non só celebramos a diversidade, senón que unímonos á loita por unha igualdade real e efectiva. Facémolo dende a autocrítica histórica e o compromiso político.

Hoxe, o Traballo Social galego eríxese firmemente no bando da emancipación, a xustiza social e a defensa dos dereitos humanos.

Por que o Traballo Social é clave? Porque as violencias que sofre o colectivo LGBTQ+ non son illadas, son estruturais. O capitalismo e o patriarcado precarizan especialmente as vidas das persoas trans, das migrantes, das maiores e da mocidade expulsada dos seus fogares.

O noso papel non é “axudar a adaptarse” a un sistema hostil, senón:
– Acompañar sen tutelar: Respectando a autodeterminación das persoas e poñendo as súsúas necesidades no centro.
– Transformar as institucións: Garantindo que os servizos sociais limpen os prexuízos cis-heteronormativos e sexan espazos radicalmente seguros.
– Combater a discriminación: Denunciando os discursos de odio que hoxe volven ameazar as nosas conquistas sociais.

O Orgullo non é un produto de consumo nin unha campaña de mercadotecnia anual. A diversidade non se tolera: deféndese.

Fronte á norma e á exclusión, Traballo Social transformador e rebelde.