As compañeiras Ánxela Pichel e Sandra Lorenzo, encargadas do Mapeo de boas prácticas comunitarias: unha mirada desde e para o territorio galego e nos traladan unha información para compartir con todas vos e todas as persoas colexiadas porque queren convidarvos á xuntanza comunitaria que o vindeiro venres 22 de maio de 2026 de 17:00 a 20:00 no Ecolectivo (Camiño do Monte da Serra, 38 -Vigo)
Trátase dun evento onde compartiremos o que fomos recollendo neste mapeo, un lugar onde seguir compartindo opinións, engadir iniciativas que aínda non se recolleron e, sobre todo, conversar, coñecer xente e facer comunidade. Non é unha charla nin algo técnico. Non tes porqué saber nada do proxecto para acudir. Queremos que sexa un espazo para estarmos cómodas/os e a gusto, onde poder seguir dándolle forma ao mapa dixital que xa está tomando forma 🤝. Haberá tempo tamén para o disfrute polo que animamos a todas as persoas a traer algún petisco vegano para compartir así como instrumentos ou calquera proposta xa que o que sobre todo queremos é tecermos rede e pasalo ben 🌱.
🚗 Gustaríanos, na medida do posible, poder suplir os gastos que participar neste encontro poida ocasionar nos petos polo que, grazas á colaboración conxunta con Enxeñerías Sen Fronteiras, temos un pequeno orzamento que nos permitirá facelo. Para termos unha previsión do que pode supoñer este xesto solicitamos, por favor, que cumplimentes a enquisa que agora pasamos ou que nos escribades un mail a esta dirección indicando se asistiredes á xuntanza e canto podería ser (máis ou menos) o gasto que se ocasione.
🔗 https://docs.google.com/forms/d/1Edr3M_de_Qw0hOk3La-sfkOKk2Pxdw4nAycrqxWnEcY/edit
Para calquer consulta poñédevos en contacto con elas a través dos seguintes mails: tecendoredegz@gmail.com (preferentemente), anxela.pichel@gmail.com ou sandra.lorenzo.casado@udc.com.

