Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Publicación da bases e convocatoria para a selección mediante sistema de oposición en quenda libre dunha bolsa de emprego para o posto de Axente de Igualdade de Xénero como persoal laboral temporal. Titulo de grao ou diplomatura e formación especializada en materia de igualdade de xénero ou violencia de xénero ( mínimo 500 horas), salvo no caso do Grao en Igualdade. Non se valorarán xornadas nin formacións de menos de 20 horas. Esta formación deberá ser convocada, impartida ou homologada por: unha Administración Pública e organismos do sector público; o Instituto Nacional de Administración Pública ( INAP); a Escola Galega de Administración Pública ( EGAP); institucións de formación similares do Estado ou Comunidades Autónomas; organizacións sindicais ou outros axentes promotores
dentro do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas ( Afedap), Universidades e Colexios Profesionais.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
