O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia comparte os criterios interpretativos da Dirección xeral de xestión migratorio relativos ao Real Decreto 316/2026 do 14 de abril. O documento QUE CONTEN ESTES CRITERIOS foi remitido onte polo Ministerio, e que podes consultalo enteiro AQUI
Con respecto a cuestión que motivou controversia interpretativa para moitos e moitas traballadoras sociais: A COMPETENCIA PARA A EMISIÓN E SINATURA DO CERTIFICADO OU INFORME DE VULNERABILIDADE, dispoñen que:
- Poden emitilo:
- Entidades competentes en materia de asistencia social. Administracións publicas que teñan atribuída a xestión de actuacións de asistencia ou SS. SS.
-
-
- Pode asinalo calquera persoa que forme parte da administración competente, sen perxuízo da competencia organizativa.
-
-
- Entidades do terceiro sector ou sindicatos inscritos no rexistro de colaboradores de estranxeiría (Orde ISM/164/2026)
-
-
- Será gratuíto.
- Pode ser asinado por calquera persoa da entidade.
- Selado pola entidade.
-
-
- Entidades competentes en materia de asistencia social. Administracións publicas que teñan atribuída a xestión de actuacións de asistencia ou SS. SS.
O COTSG reafirma o seu compromiso antirracista e coa defensa dos dereitos das persoas mígrantes, así como o recoñecemento tan importante das profesionais nos servizos sociais e na nosa profesión.
Trasladamos e defendemos a necesidade de reforzar o servizos e seguir aclarando criterios. O papel do Traballo Social é chave para garantir procesos dignos, integrais e centrados no benestar das persoas.

