O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, anuncia os traballos previos para a tramitación dunha lei que regulara as profesións que interveñen nos servizos sociais en todo o Estado. O punto inicial para a elaboración desta norma é o trámite de consulta pública. A través deste procedemento buscase coñecer a opinión dos e das cidadás, organizacións e colectivos potencialmente afectados pola futura norma sobre a necesidade da mesma, os obxectivos que debería cumprir, que problemas xustifican a súa redacción e alternativas reguladoras.
As aportacións poden ser individuais, o Consello Xeral e o Colexio tamén estableceran un procedemento para facer aportacións colectivas.
O xeito de facer chegar as aportacións é por mail no enderezo: unidaddeapoyo@dsca.gob.es ate o 20 de maio de 2026, indicando no asunto da mensaxe:CPP Proyecto de Ley por el que se regulan las profesiones de los servicios sociales e o nome da persoa ou entidade.
Mais información no seguinte ENLACE.

