Anteproxecto de Lei de modificación da Lei 44/2003, de 21 de novembro, de ordenamento das profesions sanitarias
Data: Marzo 26, 2026

O Ministerio de Sanidade dende o 18 de marzo abriu o prazo para presentar propostas para o Anteproxecto de Lei de modificación da lei44/2003, de 21 de novembro, de ordenamento das profesións sanitarias. Documento que podedes consultar no enlace seguinte. O contido deste texto é xeral, e non afonda en contidos concretos nin no contido dos artigos. É un documento que contén os motivos e obxectivos que pretende acadar a futura norma.

O Consello Xeral do Traballo Social, como representante da estrutura colexial, ten un longo traballo dende hai moitos anos que persigue o recoñecemento do Traballo Social como profesión sanitaria. Co obxectivo de capitalizar este esforzo realizara un documento que recolla esta demanda.

As colexiadas e colexiados que queiran facer as súas aportacións de xeito individual poden facelo ate o 16 de abril no seguinte enderezo electrónico: proyectosnormativos-dgorden@sanidad.gob.es

De xeito colectivo o  COTSG convoca unha MESA  ABERTA online dirixida a persoas colexiadas que estean a traballar actualmente no ámbito sanitario.

Terá lugar o 9 de abril a partir das 16.00 horas en modalidade online.  Queremos recoller:

-Aportacións para a mellora da normativa
-Experiencias profesionais no ámbito sociosanitario
-Propostas para o recoñecemento do Traballo Social sanitario

Para inscribirse ou enviar aportación podes comunicarte a través do info@traballosocial.gal, prazo para enviar achegas ate o 9 de abril. 

Consulta o ANTEPROXECTO

Consulta a actual Lei, en especial o artigo 2.