O Consello Xeral vai constituír un Grupo de Traballo Social Mozo, co obxectivo de fomentar a plena participación dos e das traballadoras sociais máis novas e consolidar unha estrutura interxeneracional. As funcións que levara a cabo este grupo será a de achegar á Xunta de Goberno do Consello Xerala realidade na que se desenvolven as profesionais máis novas do Traballo Social.
Para constituír este grupo os Colexios poden presentar un candidato ou candidata, entre os que o Consello Xeral escollera a 8 persoas que finalmente formaran o grupo. O COTSG abre un prazo, ATE O 29 DE MARZO, para que as persoas interesadas se poidan postular. Os requisitos que deben cumprir son os seguintes:
-
- Ser Precolexiados/as ou colexiados/as. Deben estar cursando os dous últimos anos académicos (3º o 4º) ou nos primeiros 5 años de experiencia profesional
- Idade: dende 20 ate 35 anos.
- Coñecemento da estrutura colexial, a súa importancia e a defensa da profesión e do Trabajo Social. Valorando a participación en espazos dentro dos Colexios, colaboracións,…
Se reúnes estas condicións e estas interesada ou interesado, podes poñerte en contacto con nos no mail info@traballosocial.gal, co asunto GRUPO TRABALLO SOCIAL XOVE. Neste correo tes que enviar o teu CV e unha carta de motivación da túa candidatura. No caso de estudantes, debedes incluír a matricula no grao.
O grupo renovarase cada dous anos.
Lembra o prazo é ate o 29 de marzo.

