Toma de posesión da nova Xunta de Goberno
Data: Marzo 9, 2026

O venres 6 de marzo celebrouse unha reunión da Xunta de Goberno saínte e da electa no recente proceso electoral.  Durante esta reunión produciuse a toma de posesión de Rosario Capelo Casas, e das demais persoas da súa candidatura. Quedando a Xunta de Goberno constituída do seguinte xeito:

Presidenta: Rosario Capelo Casas

Vicepresidenta: Ana Carracedo Aldrey

Secretaria: Ana Ares Quintáns

Tesoureiro: Antonio Doval Canabal

Vogais:  Cristina Díaz Mira

Teresa Elvira Muñiz

Isabel Fernández Lema

Angela Justo Rodríguez

Héctor López Santos

Estela Villalda Martínez

No transcurso da reunión conxunta abordáronse temas de traballo e houbo un intercambio de información sobre cuestións pendentes. A continuidade de unha parte da Xunta de Goberno saínte como integrantes da nova fai que o proceso de cambio sexa sinxelo.

Na foto a Xunta de Goberno entrante e as tres persoas suplentes da candidatura electa (Miriam Rodríguez, Ana Vilar e Paula Blanco).