Acto do Día Mundial do Traballo Social en Galicia.
O COTSG escolleu o día 27 de marzo para celebrar o acto en conmemoración do Día Mundial. A cita é no Hostal dos Reis Católicos a partir das 17.30 horas.
Para inscribirte accede á área privada

Por que e dende cando o celebramos?
No ano 2008 durante a celebración da Asemblea Mundial en Salvador de Bahía (Brasil), os membros da Federación Internacional de Traballadoras/es Sociais decidiron que o terceiro martes de cada mes de marzo seria o día para celebrar o Traballo Social en todo o mundo. A partir do ano 2009 tomouse como referencia esta data, xuntándose as actividades conxuntas por parte da FITS, da Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (AIETS-IASSW) e o Comité Internacional para o Benestar Social (CIBS-ICSW).
Que se celebra:
A data conmemora o compromiso, a contribución e a labor dos nosos profesionais como coñecedoras/es directos da realidade social, lideres de cambio e da intervención social, impulsores da loita e a garantía dos dereitos sociais da cidadanía. É un día de recoñecemento valoración e autoestima. Ademais todas as organizacións de Traballo Social teñen a ocasión de destacar a súa importante labor artelladora da profesión. Apostamos por incrementar a nosa presenza no ámbito comunitario, buscando solucións locais dende o enfoque do desenvolvemento local, pero tamén promovemos alianzas para atopar solucións globais ante problemas globais.
Preme para coñecer máis sobre a historia do Día Mundial do Traballo Social
ANO 2026
Este ano o Día Mundial do Traballo Social celebrase o 17 de marzo, baixo o lema “Construír esperanza e harmonía. Un clamor Harembee para unir unha profesión dividida.
A palabra swahili, “Harembee” significa “tirar xuntos” “botar unha man” e apela ao compromiso colectivo, a solidariedade, a cooperación e a responsabilidade compartida como camiño para superar divisións sociais, desigualdades, crises e conflitos. A celebración deste día renda a oportunidade de recoñecer o papel clave do traballo social para tender pontes entre comunidades, culturas, xeracións e sistemas. promovendo a xustiza social, a inclusión, a solidariedade e a participación. Convida a que, ante os crecentes desafíos globais (conflitos, desigualdades, desprazamentos e crises ecolóxicas), a única vís sostible é a través da cooperación colectiva , a unidade e a acción conxunta. E a que a solidariedade non é so un xesto puntual, senón unha práctica permanente de construción comunitaria, diálogo, escoita, apoio mutuo e transformación social. En resumo unha chamada á acción dende o colectivo.
Enlaces de interese:
Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social

