A Xunta de Galicia pide a nosa colaboración para dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia.
Esta iniciativa pretende crear un espazo de procura de perfís profesionais especializados en diferentes sectores, que sirva como como unha ferramenta eficaz para facilitar a participación de mulleres como poñentes, relatoras ou especialistas en distintos foros de divulgación ou formación.
Se es unha muller con experiencia e formación en algunha área do Traballo Social, podes inscribirte a través do seguinte FORMULARIO.
É necesario ampliar a presenza de mulleres expertas nos espazos públicos para construír unha sociedade máis representativa.

