Entidade Ofertante

Técnica/o en igualdade de xénero. Touro

Entidade Ofertante

Concello de Touro
Descrición do posto:

Convocatoria e bases de selección para unha praza de funcionario/a interino/a por programas para o posto de Técnica/o de igualdade a xornada completa. Salario bruto mensual: 1769.74 €/mes. O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Duración: será o tempo preciso para o desenvolvemento e execución do programa (Implantación do Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Touro) e en todo caso a contratación non poderá superar en todo caso un máximo de tres anos.

Requisito de titulación: Diplomatura, grao ou licenciatura en varias titulacións, incluída Ts con formación especializada  en materia de violencia de xénero ou igualdade como mínimo de 500 horas, excepto para as persoas que teñan o grado en igualdade.

Tipo de emprego: Público
Ir a oferta: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/25/2026_0000001068.pdf
Localización: Touro. A Coruña

Contacto