III Xornada Galega sobre a Morte Digna
Data: Outubro 14, 2025

Este fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela a III Xornada Galega sobre a Morte Digna. Neste encontro o Traballo Social estivo representado polas compañeiras Luisa Andaluz, Celsa Perdiz, Isabel Guillén e Mª Jesús Lago. Na composición das mesas reflectiuse a importancia da nosa profesión na atención nos coidados paliativos. Agradecemos a entidade Dereito a Morrer Dignamente en Galicia a organización destas xornadas e o convite ao COTSG para participar nas mesmas.