¿Queres formar parte das listaxes profesionais do COTSG? Xa formas parte e precisas actualizar os teus datos?
As listaxes profesionais creáronse para:
✅Garantir a calidade e a profesionalización do persoal especializado nos diferentes eidos do Traballo Social.
✅Servir como canle para o contacto entre as persoas colexiadas e entidades, administración e empresas.
✅Favorecer a promoción profesional e laboral das persoas colexiadas, procurando nichos de emprego, fomentando o emprendemento e procurando as canles de apoio en materia de asesoría.
Ábrese a convocatoria para conformar as listaxes profesionais para o ano 2026 ate o día 27 de outubro, incluído. Este ano Unión Profesional de Galicia amplía a súa guía incluíndo un listado de Expertos/as Independentes. Os e as compoñentes deste listaxe teñen a capacidade de emitir informes antes do inicio do proceso xudicial. isto sucede cando as partes en conflito acordan designar conxuntamente a unha persoa experta neutral con coñecementos especializados na materia obxecto de disputas, para que analice o caso e emita unha opinión non vinculante. Diferenciase do peritaxe xudicial en que a súa intervención prodúcese antes de que se inicie o procedemento. Así os listaxes para o ano 2026 son:
- Docentes
- Tribunais
- Profesionais en Exercicio Libre
- Mediación. Guía de Unión Profesional de Galicia
- Expertos/as Independentes. Guía de Unión Profesional de Galicia
- Peritaxe . Guía de Unión Profesional de Galicia
Se queres coñecer as condicións para pertencer a cada un deles, e ampliar a información podes consultar “Bases Reguladoras das Listaxes Profesionais 2025”.
As listas elaboradas colgaranse na web do COTSG a partir de que sexan definitivas.
Podes acceder AQUÍ aos formularios de inscrición.

