No Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia puxemos en marcha un espazo de acollida para as novas persoas colexiadas 🤗
☕ Unha reunión-café informal, cun ambiente cálido e acolledor, o último mércores de cada dous meses, de 12:00 a 13:00 h, na nosa sede en Santiago.
Durante o encontro:
✅ Presentación do equipo e instalacións
✅ Explicación de beneficios, recursos e grupos de participación
✅ Entrega de material didáctico: guía do código deontolóxico, guía de recursos, axenda, bolsa…
📅 A segunda cita: 24 de setembro de 2025 ás 12:00 horas
Convocamos a todas as persoas colexiadas desde xaneiro!
👉🏾Reserva xa a túa praza: info@traballosocial.gal
💬 Se acabas de colexiarte… esperámoste con café, biscoito e moita enerxía compartida!
Podes ler toda a información da proposta no seguinte documento https://traballosocial.gal/wp-content/uploads/2025/09/BenVida-Colexial.pdf

