📢XUNTANZA POR UN SAF MÁIS SEGURO🤝
Data: Setembro 16, 2025

O día 9 de setembro participamos na reunión convocada pola Fegamp para abordar a situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

👥 Asistencia: Representación da delegación do goberno, FEGAMP, sindicatos CC.OO, CIG e UGT, patronal, inspección de servizos sociais, ISSGA, en representación do COTSG David Gontán e Alejandra Fernández do Grupo de Traballo de SAF.

🔑 Puntos chave:
⚠️ Necesidade URXENTE dun protocolo de seguridade que protexa as traballadoras.
🗣️ A voz das profesionais de traballo social debe contar para valorar riscos.
🤝 Reclamamos colaboración interinstitucional inmediata.
📄 O ISSGA elaborará un documento que xunte todas as propostas.
🛟 O protocolo é só o primeiro paso: hai que revisar o convenio e mellorar o servizo.

💚 Defendemos un SAF seguro, xusto e que salve vidas.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/galicia/issga-elaborara-protocolo-seguridad-trabajadores-saf-tragico-suceso/202509092111451407938.html?utm_source

El Issga propondrá un protocolo de seguridad para personal del SAF tras la muerte de trabajadora en Pontevedra

#SAF #TraballoSocial #Galicia #SeguridadeLaboral #Fegamp #ProtocoloQueSalvaVidas #ServizosSociais