Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
REQUISITOS:
-Titulación universitaria en Traballo Social.
-Non se require experiencia previa, pero valoraranse coñecementos en xeriatría, xerontoloxía, residencias ou centros de día.
-Preferentemente, persoas con certificado de discapacidade do 33% ou superior ou IPT.
FUNCIÓNS:
-Planificación e organización do traballo social do centro, con programación de obxectivos.
-Atención e asesoramento ás familias e xestión de necesidades sociais das persoas usuarias.
-Tramitación administrativa: altas, baixas, uso do CENPOS e facturación.
-Coordinación do catering e transporte.
-Participación en actividades de ocio e tempo libre.
-Información e formación ás familias nas materias de competencia.
DESCRICIÓN:
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) busca Traballadora Social para o centro de día e residencial de Arteixo. Ofértase contrato temporal por vacacións, xornada completa con horarios rotativos de mañá e tarde, e un fin de semana. Valoramos persoas con iniciativa, espírito de traballo en equipo e compromiso co valor social.
