Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Feafes Galicia saúde mental oferta un posto de traballo de técnica/o de proxectos, aberto a varias titulacións, os requerimentos son:
- Valorarase experiencia ou formación específica en xestión de proxectos, na inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social e en captación de fondos.
- Boas habilidades de comunicación e de traballo en equipo.
- Capacidade de toma de decisións.
Xornada completa, contrato indefinido data de comezo 1 de setembro.
As persoas interesadas poden enviar CV antes do 8 de agosto a feafesgalicia@feafesgalicia.org
