A Secretaría de Estado de Dereitos Sociais esta elaborando o Libro Blanco de las Profesiones de los Servicios Sociales, estando o Consejo General del Trabajo Social colaborando nesta cuestión especialmente necesaria para a ordenación da nosa profesión dentro do sistema.
Este proxecto enmarcase na Estratexia estatal para un novo modelo de coidados na comunidade (2004/30) e ten como obxectivo realizar un diagnóstico rigoroso e participativo sobre a situación actual dos e das profesionais do ámbito dos coidados e dos servizos sociais, recollendo a súa experiencia, retos e propostas.
A enquisa axunta a esta nova aborda cuestións de grande importancia como son:
- Condicións laborais
- Funcións profesionais
- Implantación e requirimentos dos modelos centrados na persoa
- Necesidades formativas
- Experiencias prácticas, percepcións e actitudes
A consulta é anónima e confidencial, non se piden datos persoais, e o sistema esta pensado ara que non se poida vincular a túa identidade coas respostas, garantindo a seguridade da túa participación.
A duración estimada da enquisa é de 20 minutos, podendo detela en calquera momento, e esta dirixida a persoas que traballan nos servizos sociais por conta propia ou allea no sector público ou privada, lucrativo ou non.

