Enquisa sobre saúde laboral da poboación asalariada. Riscos psicosociais.
Data: Xuño 30, 2025

Dende o Laboratorio de Riscos Psicosociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), están desenvolvendo unha investigación denominada Saúde laboral da población asalariada, coa que se busca avanzar no coñecemento sobre como diferentes tipos de demandas laborais afectan á saúde mental e ao benestar das persoas traballadoras.

Este estudo, aprobado polo Comité de Ética na Investigación da USC (USC 02/2025), pretende analizar como determinadas condicións psicosociais do traballo poden ser percibidas como retos ou como atrancos, e como esa percepción inflúe no burnout, el engagement, o malestar psicolóxico ou o desempeño laboral.

Para elo, están difundindo unha enquisa en liña, anónima e voluntaria, cunha duración estimada de 15 a 20 minutos, dirixida a persoas asalariadas.

Neste sentido, solicitan a nosa colaboración, axudando a difundir o cuestionario entre as distintas entidades integradas na Unión Profesional de Galicia, para mellorar a representatividade da mostra e, en consecuencia, o valor científico e aplicado dos resultados.

Enlace á enquisa