O Blog: Diana Rodríguez, o Colexio Benquerer proxecto de educación afectivo sexual
Data: Xuño 27, 2025

A  necesidade de promover a educación afectivo sexual faise notar día a día. Saber quen somos, como queremos relacionarnos e como respectar ás persoas e as súas opcións afectivas vitais están na base dunha sociedade harmónica e colaborativa.  O proxecto do Colexio Benquerer que nos presenta Diana Rodríguez acadou o recoñecemento á boa práctica de Traballo Social no Día Mundial do Traballo Social de este ano. A exposición do seu contido difunde un exemplo de funcións pouco coñecidas da nosa práctica laboral.