O 20 de xuño celebrase o día mundial da persoa refuxiada. A ACNUR lémbranos a necesidade de garantir os dereitos humanos das persoas desprazadas dos seus territorios por conflitos bélicos, situacións medioambientais catastróficas, ou condicións incompatibles con unha vida digna, e por iso aproveitamos esta efemérides para reflexionar sobre este drama individual e colectivo. Pensar nos dereitos, nas necesidades e nos soños dos e das que son obrigadas a fuxir é o primeiro paso para construír un mundo que lles procure acubillo.
Podedes ampliar a información na páxina de ACNUR