Co gallo da entrega a compañeira Chus Varela o vindeiro sábado 10 de maio, do premio á excelencia e compromiso profesional no Traballo Social 2025 que concede Unión Profesional, falamos con ela no blog. A súa candidatura foi proposta polos compañeiros e compañeiras, e representa un recoñecemento a toda a túa traxectoria profesional e vital. E na súa traxectoria afondamos ao longo da entrevista que publicamos.
Pero queremos destacar o comezo da publicación que é o texto que ela escribiu para encabezar esta entrada no blog:
“Con grande asombro, profunda ledicia, gratitude e ilusión quero expresar o meu máis sincero agradecemento a Unión Profesional e ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia por entregarme esta importante distinción; á Escola Universitaria de Traballo Social pola súa gran formación e apoio coas alumnas en prácticas; ás compañeiras do Grupo de traballadoras sociais de discapacidade de Vigo e Pontevedra, así como ás persoas da asociación ASPANAEX, por terme proposto como candidata a este prestixioso premio. Síntome moi honrada! Grazas de corazón a tódalas persoas que me tendes apoiado no día a día do Traballo Social.”
Entra aquí no BLOG