28 de abril día da seguridade e da saúde no traballo
Data: Abril 29, 2025

A Organización Internacional do Traballo (OIT)  impulsou a data do 28 de abril para xerar conciencia social sobre a importancia da saúde e a seguridade no traballo. O obxectivo é promover a prevención de accidentes e enfermidades laborais a nivel global. Este ano 2025 o lema escollido para este día é “Revolucionar a saúde e a seguridade: O papel da IA e a dixitalización do traballo”

Dende o Traballo Social as preocupacións e demandas neste campo van mais dirixidas a cuestións básicas como son, entre outras:

  • A seguridade física nas actuacións de intervención social e atención ás persoas.
  • Atención á prevención dos riscos psicosociais nas organizacións empregadoras.
  • Acabar coa precariedade laboral como principal medida de prevención de riscos laborais.
  • A atención e coidado ás profesionais do ámbito social establecendo protocolos, estratexias e coidados que diminúan no posible os efectos da prestación da atención social continuada.

 

 

Enlace á paxina da ONU