SEMINARIO WEB | Centros de crise 24h para vítimas de violencia sexual
En decembro de 2024 entraron en funcionamento os centros de crise 24 horas en Santiago, Vigo, Lugo, Ourense e Ferrol. Son recursos especializados dispoñibles todos os días do ano, para mulleres maiores de 15 anos que sufrisen violencia sexual, así como para os seus familiares e persoas da súa contorna íntima.
📢 Queres saber máis sobre estes centros e os seus servizos? Participa neste seminario web organizado por EAPN Galicia
📅 Cando? Mércores, 12 de marzo
⏰ Hora? 10:00h – 11:30h
📍 Onde? Online vía Zoom
📲 Inscríbete aquí! 👉 https://forms.office.com/e/GpHQAh2Ebk
💬 Contaremos coa participación de:
✅ Patricia Fernández López – Subdirectora Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
✅ Consuelo Neira – Directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero e Coordinadora da Rede Galega de Acollemento
👥 Dirixido a: Entidades do Terceiro Sector, administracións públicas e todas as persoas interesadas en coñecer o funcionamento destes centros.
📌 Durante o seminario resolveranse dúbidas que se poden enviar previamente a través do formulario de inscrición.
ℹ️ Máis info. e programa actualizado: https://www.facebook.com/events/1456959305275777/?acontext=%7B%22event_action_history%22%3A[]%7D&locale=es_ES