Resumo mensual de febreiro 2025
Data: Marzo 5, 2025

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no mes de febreiro de 2025

  • 28.02.2025  Reunión da Xunta de Goberno.
  • 03.02.2025 Reunión da Comisión multidisciplinar do SERGAS para abordar o mapa de competencias. Asiste  a Presidenta do COTSG.
  • 03.02.2025 Xuntanza coa CIG. Presentación da súa campaña sobre o SAF e pensións dignas.
  • 07.02.2025 Reunión da Mesa local de Santiago contra da violencia de xénero.
  • 07.02.2025 Reunión con Ana Pontón e outros axentes sociais sobre os cambios lexislativos en dependencia.
  • 10.02.2025 Reunión con Podemos Galicia.
  • 12.02.2025 Asistencia ao Parlamento de Galicia para asistir ao Pleno. Reunión posterior con José R. G. Besteiro e Silvia Longueira da Vicepresidenta e Secretaria da Xunta de Goberno.
  • 13.02.2025 Consello Municipal de Igualdade de Santiago
  • 18.02.2025 Reunión coa secretaria da FEGAMP, para abordar a problemática dos servizos de atención á dependencia.
  • 19.02.2025 Mesa Sectorial de Vivenda do Concello de Santiago de Compostela.
  • 26.02.2025 Reunión Dirección Xeral de Emerxencias e Interior,  preparatoria  do contido do protocolo para a creación dun grupo de intervencion de Traballo Social en emerxencias e grandes catastrofes.

DEFENSA DA PROFESIÓN:

  • O 10 de febreiro de 2025 celebrouse a concentración convocada polo COTSG, CC.OO. e SLG para protestar pola situación do sistema de atención a dependencia e promoción da autonomía persoal.
  • Recurso ante o concello de Valga polo contido dunhas bases do proceso selectivo para a contratación dun/dunha traballadora social.
  • Escrito dirixido á Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, informando do malestar existen entre as profesionais polo xeito no que se desenvolveron as xornadas de formación sobre dependencia e discapacidade.

 

O BLOG DO COTSG:

  • Mónica Rodríguez, preséntanos a Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade. Podes ler o blog  AQUI 
  • Paula Frieiro, fálanos da investigación científica no Traballo Social, e da súa análise con perspectiva feminista, na semana da muller na ciencia. Podes ler o blog  AQUI 
  • Patricia Torrado,  aborda o seu rol profesional dende o Traballo Socia dende o seu posto de traballo de orientadora laboral. Podes ler o blog  AQUI