A nova entrada no blog do COTSG esta dedicada á investigadora Paula Freiro Padín, co gallo de conmemorar o día internacional da muller na ciencia. A investigación científica é unha actividade imprescindible para o avance dunha profesión, pero ademais nas profesións feminizadas como o é o Traballo Social os condicionantes de xénero que lle afectan representan cuestións centrais.
Paula fálanos das súas publicacións, do seu traballo, pero tamén do significado se ser muller científica no Traballo Social.