O pasado venres 31 de xaneiro, a Xunta de Goberno do COTSG mantivo unha reunión coa deputada autonómica, e responsable de Política Social no PSdG-PSOE, Silvia Longueira no Parlamento de Galicia,
Durante este encontro a Xunta de Goberno informou sobre a nova normativa que foi aprobada polo Parlamento, sen previa consulta ás entidades que conforman o Consello Galego de Benestar, entre os que se atopa este Colexio Oficial .
Estes cambios inciden negativamente na xestión do sistema da dependencia na nosa comunidade, avogando por prestacións fronte a servizos públicos e de calidade, obviando o acompañamento e o asesoramento profesional, así como a promoción da autonomía e a potenciación dos servizos comunitarios e de proximidade, afastándose do espírito da lei 39, 2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia.
Transmitíuselle que ante a gravidade da situación o COTSG, xunto a outros actores sociais, convocou unha concentración en fronte os edificios administrativos de san Caetano o próximo 10 de febreiro.