Que esta a suceder coa normativa do sistema de dependencia?
Data: Xaneiro 22, 2025
Enviamos esta información coa intención de que a colexiación sexa informada das accións que se están levando a cabo, dado os cambios na Lei 13/2008 pola recente aprobación da Lei de Orzamentos 2025.

A partir do 3 de xaneiro entra en vigor o novo modelo normalizado de solicitude conxunta de recoñecemento da situación da dependencia e do grao de discapacidade.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250102/AnuncioG0762-271224-0003_gl.pdf

Recapitulemos o proceso:

O 19 de outubro do 2024 o Partido Popular presenta o proxecto de orzamentos 2025, coa lei de medidas fiscais e administrativas, que modifica 37 leis e 12 decretos. Entre estas modificacións o Capítulo VII recolle modificacións na Lei 3/2008.

https://traballosocial.gal/aprobacion-dos-orzamentos-de-2025-da-xunta-e-modificaciones-lexislativas-en-servizos-sociais/

Como está proposta vai coa Lei de acompañamento aos orzamentos, non ten período de alegacións. Polo que o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia realiza alegacións a través dos partidos políticos da oposición do Parlamento Galego: Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista.
De xeito habitual os cambios de normativa tan importantes, deben pasar polo Consello Galego de Benestar Social, do que o COTSG forma parte, para debatir e ter período de alegacións antes da aprobación do texto. Coa introducción destes cambios nas medidas fiscais e administrativas que acompañan os orzamentos, saltase este proceso.

Desta maneira  para a elaboración das alegacións convoca as expertas de Dependencia e Discapacidade, ademáis de abrir un período de recepción de achegas por parte da colexiación.

A 12 de novembro de 2024 envíanse as alegacións a todos os partidos políticos que compoñen o Parlamento de Galicia.

Así mesmo o COTSG, realiza unha xuntanza co Sindicato Labrego Galego, a CIG e CCOO, para organizar unha rolda de prensa o 19 de novembro e darlle difusión a sociedade das nosas alegacións.
https://traballosocial.gal/manifesto-conxunto-sobre-os-cambios-que-introduce-a-lei-de-acompanamento-dos-orzamentos-2025-na-lexislacion-social/

Diversos medios cubren a rolda de prensa:
https://www.instagram.com/reel/DCtpI7yC_fx/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

Nese mesmo día o COTSG acompañado da CIG, CCOO e SLG son recibidos por Olalla Rodil do grupo parlamentario do BNG e Silvia Longueira do grupo parlamentario socialista no Parlamento de Galicia.

https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/278420-entidades-traballo-social-denuncian-xunta-limita-participacion-sociedade-galega-consello-benestar-social

O 27 de novembro o COTSG xunto coas organizacións Sindicato Labrego Galego, a CIG e CCOO, solicitan a comparecencia de forma urxente da Conselleira de Poltica Social e Igualdade no Consello Galego de Benestar Social.
https://traballosocial.gal/cig-ccoo-cotsg-e-slg-piden-a-convocatoria-urxente-do-consello-galego-de-benestar-social/

O xoves 4 de decembro a vogal do COTSG Isabel Fernández e o coordinador David Gontán, van convidados polo BNG a sesión plenaria do Parlamento de Galicia onde se debate sobre dependencia. E  apórtase un informe sobre casos reais de Dependencia en Galicia (aportación de traballadoras sociais de servizos sociais comunitarios) e listaxes de espera.

O 17 de decembro de 2024 o Parlamento Galego aproba os orzamentos 2025 por maioría, do grupo de goberno. Sen aceptar as alegacións propostas.
https://traballosocial.gal/o-parlamento-de-galicia-aproba-a-lei-de-acompanamento-dos-orzamentos-2025/

O xoves 2 de xaneiro de 2025 publícase no DOG a resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude conxunta de recoñecemento da situación da dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia e do recoñecemento do grao de discapacidade (código de procedemento BS210A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250102/AnuncioG0762-271224-0003_gl.html

O COTSG o xoves 3 de xaneiro de 2025 publica esta nota de prensa: O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) denuncia que a Xunta de Galicia aprobou recentemente a modificación da Lei 13/2008 de Servizos Sociais e do Decreto 142/2023 sen consultar coas profesionais do sector e sen ter en conta as alegacións presentadas polo COTSG:
https://traballosocial.gal/xunta-aproba-reforma-dependencia/

Con esta situación o COTSG volve solicitar de forma urxente unha xuntanza coa Conselleira de Política Social e Igualdade Fabiola García Martínez.

Nesta semana a Xunta de Galicia  publica unha instrucción interna a través da aplicación MATIASS, onde se refire a nosa ferramenta de diagnose social como: o extenso informe social. Ademáis este anuncio introduce a: Eliminación de tarefas burocráticas: o Informe Social Unificado só se solicitará cando a información sexa manifestamente insuficiente.
Nesta instrucción vulnerase a nosa identidade profesional, así como os nosos instrumentos, dando a entender que a culpa do colapso do sistema provén da nosa intervención, e convertindo as profesionais de Traballo Social en meras tramitadoras, olvidando a nosa función de axentes de cambio.
Amosa o descoñecemento da profesión por parte da Xunta de Galicia, e da realidade das persoas usuarias.

Xa que esta introducción non aparecía no texto aprobado no Parlamento Galego. O COTSG está analizando xuridicamente este novo epígrafe.

Por outra banda o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, contactou coa FEGAMP como organismo que representa aos concellos galegos, para trasladar a situación caótica que viven os Servizos Sociais Comunitarios, en parte provocada pola desinformación por parte da administración autonómica a profesión de Traballo Social. Para que solicite formalmente a Xunta de Galicia e de forma urxente, a organización de xuntanzas cos concellos para informar de xeito claro e inequívoco os cambios previstos.

Ademáis, este venres 10 de xaneiro o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, mantivo unha xuntanza, con organizacións sindicais (CCOO, CIG e SLG) coa intención de organizar accións de protesta por estes cambios e na defensa do sistema de servizos sociais.

Seguiremos informando.