Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Oferta dun posto de TS para o servizo de atención individualizada a mulleres vítimas de violencia sexual en centros de crise 24 horas para Ourense.
Funcións a realizar:
- Atención de emerxencia e en situacións de crise.
- Información, orientación, asesoramento á vítima e ao seu entorno de referencia.
- Acompañamento á vítima en todas as xestións necesarias, en función das súas demandas e necesidades, realización de trámites e activación da rede social.
- Apertura de expediente e elaboración da historia social.
- Planificación da intervención psicosocial e xurídica.
- Aplicación de técnicas e ferramentas da intervención social destinadas á intervención en crise e en eventos traumáticos no curto e medio prazo.
- Preparación da derivación da persoa a outros recursos da asistencia terapéutica en caso de ser necesario.
- Acompañamento ás mulleres que o requiran ao centro sanitario especializado correspondente.
- Elaboración de informes.
- Labor investigadora, sensibilizadora, divulgativa e formativa.
- Coordinación con outros recursos.
- Calquera outras funcións propias do ámbito social e da súa categoría profesional indicadas pola persoa coordinadora que puideran necesitarse para a correcta prestación do servizo.
Requisitos:
- Título de Traballo Social.
- Formación complementaria de 200 horas en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero e/ou violencia sexual.
- Coñecementos de lingua galega. CELGA 4
- Experiencia laboral de 1 ano, desenvolta en entidades públicas ou privadas, ou realizando voluntariado en entidades de acción voluntaria, en intervención social en contextos de violencia de xénero e / ou violencia sexual.
- Condiciones laborais: Contratación de sustitución para a cobertura dun permiso de maternidade. Condicións salariais segundo Convenio colectivo de acción e intervención social 2022-2024.
E-mail para recepción de candidaturas: jessica.reigada@ingesan.es / javier.avila@ingesan.es
