O Traballo Social en saúde mental esta presente no Congreso dos Deputados.
Data: Decembro 22, 2024

A presidenta do Consejo General del Trabajo Social estivo no Congreso dos Deputados na Comisión de Sanidade, para falar da protección, promoción e atención integral á saúde mental.

Emiliana de Vicente reclamou maís medios humanos, mais medios económicos e lexislación específica para abordar a saúde mental.

Ampliar info

En Galicia, o grupo de traballo de saúde mental do COTSG  esta elaborando propostas destinadas á elaboración do borrador do Plan de Saúde Mental de Galicia 2025/29. Nas reunións de este grupo. que celebran cada dous meses analizase a situación dos distintos recursos, servizos e programas en saúde mental, estudando propostas para mellorar  a vida de usuarios e usuarias e facilitar o exercicio do Traballo Social neste sector.  As reunións son en formato mixto (presencial e virtual), estando convocada a próxima para o día 21 de xaneiro.