A Constitución Española, este ano mais xusta.
Data: Decembro 22, 2024

O Capitulo III, do Titulo I, da Constitución Española de 1978, denominase “Dos principios reitores da política social e económica”, e nel están recollidos a maioría dos artigos que fan referencia aos dereitos sociais.  O nivel de protección que teñen os preceptos deste Capitulo III non é garantía absoluta, xa que é necesario que se desenvolvan a través de leis específicas para poder reclamalos.

De todos xeitos,  aparecen recollidos  en varios artigos dereitos como  a unha vivenda digna, ás pensións e ó sistema de servizos sociais para as persoas maiores. Os conceptos e enfoques son de hai case 50 anos, polo que debemos facer un esforzo para interpretalos e entendelos dende a óptica actual. E no ámbito desta reflexión destacamos o cambio que se produciu este ano, despois de ser reclamado dende hai moito tempo pola sociedade en xeral e pola organización profesión do Traballo Social de xeito directo,  na redacción do artigo 49. Dende o ano 1978  era:

Os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos ós que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o goce dos dereitos que este Título outorga a todos os cidadáns.

Dende febreiro deste ano o artigo 49 recolle o seguinte:

  1. As persoas con discapacidade exercen os dereitos previstos neste Título en condicións de liberdade e igualdade reais e efectivas. Se regulará por lei a protección especial que sexa necesaria para dito exercicio.
  2. Os poderes públicos impulsarán as políticas que garantan a plena autonomía persoal e a inclusión social das persoas con discapacidade, en espazos universalmente accesibles. Asómesmo, fomentarán a participación das súas organizacións, nos termos que a lei estableza. Atenderán particularmente as necesidades específicas das mulleres e dos menores con discapacidade.

Esta nova redacción incorpora elementos que fai que todos e todas nos identifiquemos mais co seu contido.