A Presidenta e o responsable do grupo de emerxencias do COTSG, Miriam Rodríguez e Antonio Doval, acompañados por David Gontán, reuníronse na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior co seu responsable, Santiago Villanueva, e co director de Axega112, Marcos Araujo. Ao longo da reunión acordouse estudar a sinatura dun convenio para incluír á organización colexial do Traballo Social dentro dos plans operativos que dean resposta á futuras emerxencias en Galicia.
Reunión do COTSG na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Data: Decembro 22, 2024