Próximamente, durante a segunda quincena de decembro, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia tramitará os recibos do segundo semestre de 2024 para aquelas persoas que teñen a opción de pago semestral.
Dende o COTSG solicítase á colexiación que comprobe os seus datos bancarios na súa área privada e que solicite, se é o caso, a cota reducida. A continuación, detállase o importe das cotas:
- A cota ordinaria é de 75,00 euros ao semestre.
- A cota reducida é de 37,50 euros ao semestre.
As persoas colexiadas poden solicitar a cota colexial reducida ata o vindeiro 15 de decembro de 2024 incluído a través da área privada da web do COTSG. Nese espazo, accederán ao seu perfil como persoa colexiada e na solapa bancos poderán realizar a modificación.
Os supostos aceptados na cota reducida son os seguintes:
- Persoas en desemprego. Inclúense os bolseiros/as.
- Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
- Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 titulado/a universitaria/o medio.
- Persoas colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma.
Na solicitude da cota reducida, as persoas colexiadas deben aportar a documentación xustificativa (vida laboral, contrato de traballo ou o documento que proceda en cada suposto). Para beneficiarse da cota reducida é obrigatorio solicitalo na área privada e aportar a documentación xustificativa ata o 15 de decembro incluído. Non se terán en conta solicitudes feitas con anterioridade.