Campaña de acollemento familiar: Todas temos dereito a medrar en familia
Data: Decembro 22, 2024

En Galicia son aproximadamente 800 nenas e nenos e todas, para desenvolverse en plenitude, necesitan crecer nunha familia que as faga sentirse queridas, respectadas e protexidas.

En familia , é un programa que pretende promover a vida en familia de nenos e nenas.

O obxectivo do programa é integralas nunha familia , que evite ou poña fin a longas estancias nos centros residenciais desde os que, con demasiada frecuencia, retornan á súa familia de orixe nas mesmas condicións de desprotección.

En familia ocúpase, de xeito especial, daquelas nenas e nenos que levan máis tempo residindo nos centros. Habitualmente teñen máis de 7 anos e moitas delas están chegando ou xa entraron na adolescencia, o que redunda na dificultade de atopar alternativas para a súa saída.

Mais información neste enlace.