Os programas de cooperación son instrumentos a través dos que se ofrece ás persoas demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir a experiencia laboral que lles poida facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo.
Cada ano hai unha convocatoria de subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia. Agora acaban de publicarse a entidades e contratos que se subvencionan para este ano. Normalmente teñen unha duración de un ano.
As persoas contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir uns requisitos recollidos no texto do enlace inferior.
Se reúnes os requisitos da convocatoria, podes presentar a túa candidatura para presentarte a estas oferta de emprego:
- Acudindo á túa oficina de emprego para informarte, naquelas ocupacións concedidas ás entidades.
- Ante a entidade beneficiaria, a través dos datos de contacto que aparecen naquelas ocupacións concedidas ás entidades.
As contratacións deben estar feitas antes do 10 de decembro do 2024.
O listado das subvencións concedidas coas características dos postos, e os datos de contacto das empresas podes velos no seguinte enlace.