O COTSG está presente hoxe na II Xornada Intercolexial de Traballo Social Sanitario na Universidade de Deusto. A presidenta do Consello Xeral de Traballo Social, Emiliana Vicente, reiterou a importancia de recoñecer o Traballo Social como unha profesión sanitaria, destacando que xa están avanzando na colaboración co Ministerio para acadar logros significativos a nivel estatal.
“Agora máis que nunca, resaltamos a importancia dos determinantes sociais na saúde e o compromiso continuo da nosa profesión coa mellora do benestar da poboación”, afirmou.
Tamén se presentou o mapa de Traballo Social Sanitario, poñendo en valor o papel esencial desta área no sistema de saúde.