Isabel Fernández presenta “ATENCIÓN A PERSOAS CON ALCOHOLISMO DESDE O TRABALLO SOCIAL”
Data: Novembro 21, 2024

O pasado venres 📅 4 de outubro celebrouse o Foro de Información Pública sobre o Alcoholismo, organizado pola Comunidade de Alcohólicos Anónimos de Galicia (A.A.).

🎙Durante o evento, Isabel Fernández, vogal da Xunta de Goberno, abordou na súa intervención a importancia da atención a persoas con alcoholismo dende a perspectiva do traballo social.

Foi unha oportunidade para reflexionar sobre o papel fundamental que xoga o traballo social na recuperación e acompañamento das persoas que loitan contra o alcoholismo 🤝 . Acompañando a Isabel, tamén estivo presente Laura Zapata, vogal de Xunta de Goberno.