Entidade Ofertante

Traballador/a Social

Entidade Ofertante

Cáritas Diocesana de Lugo
Descrición do posto:

Convocatoria dun posto de Ts para cáritas D. de Lugo. coas seguintes carácteristicas:
Funcións principais:
-Acollida, acompañamento e intervención social con mulleres en situación de exclusión ou vulnerabilidade, e en particular con mulleres en contextos de prostitución, violencia, trata ou explotación sexual.
-Visitas regulares a contextos de prostitución facilitando información e orientación así como reparto de material preventivo.
-Entrevistas periódicas coas mulleres e visitas á súa contorna familiar.
-Atención e información social periódica e continuada sobre os seus dereitos, recursos sociais prestaciones sociais existentes.
-Orientación e información sociosanitaria (infeccións de transmisión sexual, probas e analíticas, reparto de material preventivo).
-Elaboración de plans personalizados de inserción que recollan os diferentes aspectos a incidir e revisión periódica destes plans (intervención sociofamiliar, saúde, hábitos etc.).
-Deseño e realización de diferentes actividades e talleres grupales con mulleres encamiñados a traballar os procesos de violencia, propiciar autonomía persoal, fomentar a autoestima, mellorar hábitos saudables, coidados da saúde, traballar habilidades sociais, axudar á reflexión e toma de decisións a implantar canles de comunicación e relación normalizados coa contorna social, laboral, económico e familiar.
-Actividades de sensibilización e formación no ámbito da muller e as súas problemáticas específicas.
-Xestión administrativa e documental das actividades realizadas dentro do proxecto.
-Organización e acompañamiento ás mulleres en actividades comunitarias (Lecer, cultura ect).
-Xestión de recursos e prestaciones sociais e derivación a outros recursos.
-Coordinación técnica con outras institucións e profesionais.

Requisitos:
-Grado en Traballo Social.
-Colegiado/a.
-Formación especializada en muller, xénero, igualdade, e violencia contra as mulleres.
-Formación en materia de trata ou explotación sexual.
-Coñecemento en identificación, xustificación e ejecución de proxectos.
-Experiencia de traballo previa con mulleres en contextos de violencia, prostitución, en situación de exclusión e vulnerabilidade. Carnet de conducir e disponibilidade para iso.
Capacidades profesionais:
-Capacidade de resposta rápida ante urxencias.
-Sensibilidade ante a diversidad cultural.
-Capacidade para liderar iniciativas.
-Disposición para o traballo en equipo e o traballo autónomo.
-Habilidades comunicativas e empáticas.
-Dinamismo, prol actividade para o desenvolvemento do traballo.
-Resistencia ao estrés e orientación ao logro de obxectivos.
-Compromiso cos obxectivos de CARITAS coa súa misión, visión e valores.
Valorarase:
-Coñecemento das organizacións do terceiro sector, preferiblemente relacionadas co traballo en favor das mulleres en situación de exclusión e vulnerabilidade, especialmente mulleres vítimas de violencia, trata ou explotación sexual.
-Participación anterior en redes, foros e redes ou grupos de defensa dos dereitos das mulleres.
-Cursos de formación en políticas de xénero e igualdade, en violencia de xénero ou relacionados.
-Experiencias de traballo coordinado con equipos interdisciplinares.
-Experiencia en realización de talleres grupales con mulleres.
-Flexibilidad horaria.
-Incorporación Inmediata.
Ofrécese:
-Xornada laboral completa.
-Incorporación inmediata.
-Salario segundo Convenio Estatal de Acción e Intervención Social.
-Contrato para cubrir unha baixa por maternidade (duración aproximada 5 meses)
-Lugar de traballo: Lugo
Solicitudes:
As persoas interesadas deben presentar as súas candidaturas aportando Currículum Vitae antes do 13 de setembro por correo electrónico á dirección secretariageneral@caritaslugo.es é ou ben de xeito persoal en Cáritas Diocesana de Lugo en Rúa Luis Peña Novo,6 terceira planta 27001 Lugo.

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Lugo

Contacto