O COTSG envía escrito ao Concello de Pontedeume ao publicar no Boletín Oficial da Provincia de Coruña a Resolución da pola que se aproba a listaxe definitiva das persoas admitidas-excluídas no proceso para estabilización do emprego temporal do posto de “Asistente/a social”, detectando unha falta de adaptación á nomenclatura das categorías profesionais vixentes na actualidade, solicitamos a súa aclaración e/ou corrección en relación á praza de Traballo Social.
A figura de Asistente social desaparece no ano 1981, no momento que se incorpora á Universidade a Diplomatura de Traballo Social mediante o Real Decreto 1850/1981, de 20 de agosto, ditado polo Ministerio de Educación e Ciencia, se ten que necesariamente adecuar a categoría profesional á denominación de Traballador/a Social, non existindo a día de hoxe a figura de Asistente Social xa que todas aquelas persoas que realizaron estes estudos tiveron que validalos no seu momento á nova titulación universitaria.