Xornada Garantía Muller: A eliminación do estigma nas vítimas da violencia de xénero
Data: Novembro 24, 2024

No marco da Xornada Garantía Muller: A eliminación do estigma nas vítimas da violencia de xénero levada a cabo pola Asociación de Familias Galegas Monomarentais,  o COTSG tivo a oportunidade de tratar temas cruciais co novo Director Xeral da Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba.

Puxemos enriba da mesa as propostas desde esta entidade para a loita contra a violencia machista desde o Traballo Social emprazándonos a tecer redes e traballar en conxunto.

+ info: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/002926/xunta-participa-nas-xornadas-garantia-muller-fagamos