O COTSG celebra a webinar “O Traballo Social e novos enfoques” para conmemorar o Día Mundial da profesión
Data: Novembro 24, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia conmemorará o Día Mundial do Traballo Social, que se celebra o 19 de marzo de 2024, cun webinar na véspera centrada nos novos enfoques da profesión. A xornada, baixo o nome de “O Traballo Social e novos enfoques” celebrarase o vindeiro luns 18 de marzo de 11.00 a 13.00 en formato online.

A actividade desenvolverase en formato webinar, comezando cunha exposición por parte das relatoras. Para iso, o COTSG conta con tres traballadoras sociais centradas en distintos novos enfoques da profesión: Andrea Alfaya, especializada en culturas da paz, educación, conflitos e dereitos humanos; Lorena Relión, experta en xénero e dereitos humanos; e Marta Pernas, traballadora social ecofeminista. Tras a súa exposición, pasarase a unha rolda de preguntas e a un posterior debate. Por último, entregaranse os premios de investigación do COTSG correspondentes ao Día Mundial.

As inscricións previas a esta actividade son obrigatorias e poden xestionarse neste formulario, onde ademais se poden propoñer preguntas previas ás persoas que intervirán.